Páxina de servizos de
Inicio Servizos Beta de BUGalicia Barra de ferramentas

Barra de ferramentas para navegadores web

 

As barras de ferramentas para os navegadores web están baseadas no proxecto LibX.

 

LibX é unha extensión que mellora o acceso ós recursos das nosas bibliotecas. A extensión permite o acceso á colección usando unha barra de búsqueda, apoia o OpenURL, interacción co Google Scholar, etc.

 

Instalación

 

Características

  • Barra de busca: busca por palabra clave, título, autor, ISBN/ISSN, materia, etc. no catálogo da túa ou doutras bibliotecas ou en bases de datos de acceso libre, directamente na barra de busca ou empregando o menú contextual do botón dereito. Dependendo do recurso seleccionado ofrece estas opcións ou so palabra clave. A busca por defecto é palabra clave no catálogo da biblioteca.
  • Acceso rápido ó texto completo para artígos de revista: Libx emprega Google Scholar para buscar artigos e dirixe ó usuario cara a copia electrónica subscrita polo Consorcio.Seleccione o texto, arrastre e sólteo sobre o botón de Google Scholar (á dereita da barra).
  • Autolink: LibX recoñece ISBNs, ISSNs, DOIs e PubMed IDs e os enlaza co catálogo ou co xestor de OpenURL (SFX).
  • Detección de Cues e COinS: Libx amosa enlaces cos iconos da institución (Cues), que redirixen ó catálogo de biblioteca en páxinas coma Amazon ou nas páxinas de resultados de Google. Se se trata de artigos amosará COinS que enlaza co xestor de enlaces do Consorcio (SFX) e amosará as diferentes alternativas para acceder ó texto completo.
  • Personalización del comportamiento de Libx: Grazas a un panel de preferencias pódese variar o comportamento de Libx para adaptalo ás necesidades de cada usuario. Pódese modificar o menu contextual do botón dereito ou onde abrir a fiestra de resultados (nova ventana, nova pestaña, etc.) ou desactivar / activar o autolink, entre outras opcións.

 


Localízanos na nosa web www.bugalicia.org ou nas redes sociais Facebook ou Twitter           |           BUGalicia é un servizo ofrecido polo Consorcio de Bibliotecas Universitarias de Galicia